
10/03/2007LEVANTA UNHA MAN.![]() Levanta unha man, desta maneira, e move a cadeira. Damos agora, unha volta enteira. Levanta unha man desta maneira, que levanten as duas, quen xogar queira. O BERBERECHO QUE É UN BECHO.![]() O berberecho que é un becho, vive no mar, e abre a cuncha, para rir e xogar. O berberecho que é un becho, vive no mar, e pecha a cuncha, para durmir e soñar. JA JE JI JO JU![]() ¿Cómo ri o BERBERECHO co A?. JA JA JA ¿Cómo ri o BERBERECHO co E?. JE JE JE ¿Cómo ri o BERBERECHO co I?. JI JI JI ¿Cómo ri o BERBERECHO co O?. JO JO JO ¿Cómo ri o BERBERECHO co U?. JU JU JU CHEGA O INVERNO INVERNEIRO.![]() Pum, Pum! Chaman a porta. É o inverno, inverneiro que trae posto un sombreiro. Fum, Fum! Petan na ventá. É o vento,venteiro cunha bufanda de cores e un chuvasqueiro. Rum, Rum! Cae pola chimenea, a neve, neveira, que trae o frío, na carteira. EU SON...![]() Eu son Anacleta, e son unha bicicleta. Eu son Marcial, e son unha nave espacial. Eu son Efrén, e son un tren. Eu son Marco, e son un barco. Eu son Ramón, e son un camión. ¿Cómo se chama a bicleta?. ¡ANACLETA!. ¿Cómo se chama a nave espacial?. ¡MARCIAL!. ¿Cómo se chama o tren?. ¡EFRÉN!. ¿Cómo se chama o barco?. ¡MARCO!. ¿Cómo se chama o camión?. ¡RAMÓN!. CINCO DEDOS.![]() Levanta unha man; cinco dedos unha árbore fan. Levanta a outra man; cinco dedos un estrela de mar debuxarán. Unha árbore, unha estrela... ¿e se levantamos as dúas mans?. Dimo ti: ¿En que se convertirán?. SUBE, SUBE![]() Sube a escaleira unha vaca leiteira. Sube polo ascensor un grilo cantor. Sube polo tellado un gato mollado. SubeTI pola miña perna que che vou dar unha APERTA. HAI UN RATO NO FAIADO![]() Hai un rato no faiado. Non o escoitas, está calado. Ponlle un nome, para atrapalo. |
BICOS de VENTO.Neste caderno queremos recoller poemiņas que van xurdindo nas escolas. Para facer a fila, para comezar un xogo, para elexir equipos, para soņar e xogar cas palabras.
ArchivosEnlaces |